SUBVENCIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 23/24

No presente curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai conceder unha subvención á
ANPA destinada a disminuir o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite e
que estea empadroado no Concello de Oleiros.

A efectos de comprobar que os nenos e nenas están efectivamente empadroados, cómpre que
as persoas representantes legais dos mesmos que desexen solicitar este desconto aporten o
volante de empadroamento
(que poderán obter na Sede Electrónica municipal), ou ben que
autoricen a consulta deste aspecto ao Padrón municipal,
para o cal contaremos coa
colaboración do Concello.

En calquera dos casos, deberán presentar á ANPA antes do día 31/10/2023 a solicitude
debidamente cuberta que se achega como anexo.

A solicitude pode ser asinada:

     

      • De xeito manuscrito. Neste caso deberá acompañarse unha copia do anverso do DNI do/da
        asinante, a efectos de comprobar a súa identidade.

      • Mediante sinatura electrónica (non se precisará copia do DNI).

    Se non se presenta a documentación necesaria, non se poderá efectuar a consulta e polo tanto
    a persoa solicitante non poderá acceder ás axudas.

    O xeito de entregar as solicitudes será:

       

        • Solicitudes asinadas manualmente: entregaránse no local da ANPA de luns a xoves de 16:00
          a 18:00.
          Noutro horario pódense deixar no buzón, sempre que nos avisedes por WhatsApp
          para confirmar recepción.

        • Solicitudes asinadas electronicamente: remitiranse por correo electrónico ao enderezo
          apaluisseoane@mundo-r.com

      As solicitudes que sexan entregadas despois da data fixada non serán tramitadas.

      Deja un comentario

      Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *