QUENES SOMOS?

Benvidas e benvidos Ô Asociación de Nais e Pais de Alumnado do CEIP Luis Seoane

A ANPA do CEIP Luis Seoane é un espazo de participación, colaboración e apoio para todas as familias que formamos parte da comunidade educativa do centro. Traballamos con ilusión para contribuír ao benestar do noso alumnado, apoiar a labor do colexio e fomentar un ambiente educativo baseado no respecto, a convivencia e a cooperación.

Desde a asociación promovemos actividades educativas, culturais e lúdicas, servimos de canle de comunicación entre as familias e o centro, e defendemos os intereses comúns das nenas e nenos e das súas familias.

AnimƔmosvos a participar activamente, achegar ideas e formar parte desta comunidade viva e comprometida. Xuntas e xuntos facemos do CEIP Luis Seoane un lugar mellor para medrar e aprender.

Grazas por formar parte da ANPA.

Nais e pais coma ti, implicados na educación das nosas nenas e nenos.


Somos persoas voluntarias que doan parte do seu tempo libre para contribuĆ­r a unha mellor calidade de vida na nosa escola.
Formamos un grupo activo, implicado e participativo, corresponsable do futuro das nosas rapazas e rapaces.
Apostamos pola integración coa contorna, organizando actividades que involucran ao alumnado, ao profesorado e Ôs familias, e que fomentan un ambiente respectuoso e colaborativo coa contorna social e natural.

Que facemos?

Ā 

  • Servizo de madrugadores, de 7:30 a 9:00 h

  • Comedor escolar, de 14:00 a 16:00 h

  • Actividades extraescolares, de 16:00 a 18:00 h

  • Banco de libros

  • FotografĆ­as de clase anuais

  • Agasallo de graduación para o alumnado de 6Āŗ de Educación Infantil

  • Colaboración económica na excursión de 6Āŗ de Educación Primaria

  • Participación no Consello Escolar

  • Organización dunha excursión de fin de curso a prezos populares

  • Festa de fin de curso

  • Tramitación de subvencións para a AFA

  • Adquisición de material escolar: ordenadores, pantallas dixitais, fotocopiadora, equipamento deportivo, etc.

  • Seguro escolar: contratación dun servizo de asistencia de calidade para o alumnado

ĀæCANTO CUSTA FACERSE SOCIO?

CUOTAS ANUAIS 2025/2026

Cota familiar de socio

20€ /familia

Seguro escolar para socios

10€ /alumn@

Seguro escolar para NON socios

15€ /alumn@

Actividade extraescolar

13€ /mes* (1 hora semanal)

””LEMBRA!!

Para poder beneficiarse dos servizos que ofrecemos, Ć© imprescindible facerse socio.