CHARLA PLAN DIRECTOR da Garda Civil e Policia Nacional – Inscripción ata o 04/05

Facilitámosvos ligazón para que formalicedes a inscrición, que rematará o día 4 de maio.. Seguiráse a listaxe de inscrición ata completar aforo. Se non recibides ningún correo noso, suporá que recibimos a vosa inscrición e que estades admitidos/as. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScW28tQsFyeENxn_dNWwbtbq3o9wH7KMb4DxatgXVJI163Jrg/viewform

A Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña organiza unha xornada de mañá que terá lugar no Edificio Cultural A Senra Bergondo (Pegado ao CPI Cruz do sar) o sábado día 6 de maio para dar a coñecer ás anpas e a equipos directivos dos Centros o Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas.

Este Plan persegue previr calquera risco que afecte á seguridade dos nosos menores e mozos na escola e espazos onde se socializa. Como sabedes, as charlas organizadas pola Policia Nacional e a Garda Civil dentro do Plan Director, habitualmente, e a pedimento do profesorado, adoitan ir dirixidas ao alumnado. A partir de agora, por acordo da Federación Provincial de Anpas e da Subdelegación do Goberno, estas charlas van poder ser solicitadas polas ANPAS, como formación tamén para as familias; algo que nos parece de suma importancia para previr, detectar e afrontar situacións complicadas. Ainda que esta información foi enviada á Anpa do seu Centro, rogamos a súa colaboración para facerlla chegar ás familias mediante a Plataforma Abalar, se así o considera, o que agradeceríamos sinceramente. A colaboración da contorna familiar do alumnado é fundamental para conseguir alcanzar os obxectivos marcados polo Plan Director, que vira ao redor das seguintes temáticas:

-Riscos da internet

-Acoso escolar

-Violencia de Xénero.

– Bandas Xuvenís.

– Drogas e Alcohol

Esta presentación do día 6 de Maio se axusta ao seguinte

PROGRAMA:

9,45 horas: Recepción de asistentes.

10:00 Benvida dá Alcaldesa de Bergondo Alejandra Pérez Máquez.

10:15 horas: Presentación do Plan Director María Rivas López. Subdelegada do Goberno.
RELATORES:

10:30 horas José Alfeirán Rodríguez. Alto Inspector Educación.

10:45 horas Antonio Rial Boubete. Profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

11:45-12:00 Pausa/café

12:00 horas Sergio García Vázquez. Cabo Guardia Civil. Formador Plan Director da Comandancia da Coruña.

13:00 horas Alberto Arias Álvarez. Inspector, Delegado de participación Cidadá da Coruña.

14:00 Clausura Mª José Ferreño Precedo. Presidenta da Federación

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *