🟣UNHA DAS NOSAS. II ENCONTRO DE MULLERES – AV San Cosme de Maianca

Nesta II edición a AV San Cosme quere centrar o encontro en Pura Quiroga Aspilche e María Ruiz Moreda. Mestras do CEIP Luis Seoane quenes dedicaron a súa vida laboral e persoal á formación, educación e coidados das nosas crianzas. Mulleres que fomentaron e impulsaron accións educativas e sociais cuns pilares sólidos e xustos: a igualdade, o respecto e a liberdade. Por elas e polo colectivo que representan, animamos a todas as mulleres do noso entorno a participar neste día reinvicación e empoderamento. Será o sábado día 16 de marzo ás 11.30 h no local da Asociación San Cosme de Maianca.

Participade!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *