Adopción de acordo en orde á concesión de subvencións directas ás ANPAs que xestionan comedores escolares nos centros educativos públicos para a rebaixa do custe do comedor ás familias veciñas de Oleiros.
O importe concedido é para todo o curso 2023 – 2024. Como xa estamos no mes de decembro, o importe total repartirase entre os seis meses restantes, en lugar dos 9 que dura o curso completo. Por exemplo. Un usuari@ que asista ao comedor 5 días a semana, correspóndelle unha axuda de 118,94 € por curso. A partir da factura de xaneiro terá un desconto de 19,82 € (118,94 € / 6 meses). É dicir, Jardanay facturaralle 68,18 € en lugar dos 88 € actuáis.