ACTA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 28 de Xaneiro de 2026

Mércores 28 de Xaneiro do 2026. HORA: 18:00 horas en 1ª convocatoria, 18:30 horas en 2ª convocatoria. LUGAR: Aula de Informática (1º andar)

ASISTENTES: 30 persoas (28 socios)

Orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
  2. Presentación e aprobación do balance económico do curso 2024 – 2025.
  3. Aprobación de novos cargos na Directiva da ANPA.
  4. Exposición e aprobación das novas tarifas para actividades extraescolares.
  5. Modificación dos estatutos da asociación para adaptalos á normativa vixente.
  6. Rogos e preguntas.
  7. Lectura e aprobación por unanimidade da acta da sesión anterior
  • Presentación e aprobación do balance económico do curso 2024 – 2025.

O presidente expón situación que aconteceu entre setembro e decembro e o motivo polo que se retrasou a convocatoria da asemblea, polo cal pide desculpas. Explica que a empresa Move deixa de pagar as nóminas aos monitores de actividades extraescolares. Buscase nova empresa pedindo tres presupostos, das cales só Axiña se compromete a subrogar aos traballadores.

O estado actual da ANPA é o seguinte:

Socios da ANPA: 216 socios.

Comedor escolar: Media diaria de 200 alumnos/as. Venres, aproximadamente 150 alumnos/as. 5 prazas de comedor social.

Servicio de madrugadores: Media diaria de entre 35 e 40 alumnos/as.

Actividades extraescolares: Participación media de 250 alumnos/as ao mes.

Indícanse que se realizou a solicitude e xustificación posterior da subvención do concello de Oleiros. A través desta subvención, dende el ANPA do CEIP Luis Seoane leváronse a cabo diversas accións e tarefas co obxectivo de apoiar as familias e mellorar a experiencia educativa do alumnado.

A ANPA organiza as celebracións de Nadal, Entroido e Fin de Curso, promovendo actividades lúdicas e sociais como actuacións infantís, unha festa da escuma e a instalación de inchables. O presidente fai un chamamento as familias para tratar de deixar o centro limpo e recollido despois das festas. Os socios propoñen distintas solucións como contratar unha empresa de limpeza ou colocar carteis en puntos visibles que recorden a orde e limpeza. Indícase que este ano se realizará unha bolsa picnic. O presidente pide unha retroalimentación real por parte das familias das festas organizadas pola ANPA.

Tamén se realizou a xestión do Banco de Libros para 3º e 4º de Educación Primaria

Organizáronse e financiáronse obradoiros educativos complementarios, incluíndo obradoiros de educación sexual e relacional, así como outros obradoiros educativos adaptados ás diferentes idades do alumnado, realizados en coordinación co centro e de acordo coa normativa vixente.

Introducíronse novas actividades extraescolares, como clases de inglés e parkour, co obxectivo de ampliar a oferta educativa, promover hábitos de vida saudables e responder ás demandas das familias.

Renovación do Contrato con Jardanay – Melloras e Equipamento: comentanse as melloras realizadas nas instalacións da cocina por parte da empresa que xestiona o comedor, coa cal se renova o contrato por outros catro anos mais. Solicitóuselle ao encargado de Jardanay unha visita as súas instalacións que se realizará o 5 de febreiro do 2026.

O balance de contas queda como sigue:

Ingresos

Subvención concello: 9.199,66 €

ANPA + extraescolares 34.556 €

Caixa: 4.354 €

Gastos

Seguro e impostos: 2.391,31 €

Extraescolares: 39.979,50 €

Parkour e taekwondo: 710,80 €

Inglés primaria: 743,75 €

Talleres de educación sexual: 1.457,80 €

Festas ANPA: 1.766,13 €

Fotos infantil: 1.248,84 €

Comisións bancarias, teléfono e federación ANPAs:  1.903,89€

(Alumnado de sexto – excursión fin de curso 50€/participante socio os últimos 4 anos no centro)

Gastos varios: 1.835,29 €

Saldo Banco a 31/12/2025 = 9.601,15 €

Existe un desequilibrio aproximado de 3.917,75 €, motivado principalmente por:

  – Retrasos no pago de cotas por parte de algúns socios.

  – Incremento do coste da empresa actual de actividades extraescolares en 335,50 € mensuais.

O presidente comenta que o principal problema da ANPA é a falta de pagamento dos socios. Reflíctese un 30% de socios que non pagan, o cal é unha cifra moi alta.

Os socios propoñen flexibilizar os pagos de actividades e facelos trimestrais ou anuais algo que non é viable porque debe terse en conta a situación económica de todas as familias e sería unha medida inxusta. Tamén se propón por parte do presidente a implantación dunha aplicación para poder realizar os pagos por bizum, pero tería un custo económico tanto para a ANPA como para os socios.

Fotos: realización de fotografías do alumnado en diferentes formatos: formal, grupal e divertida, cubrindo todo o colexio para eventos y recordos do curso. Por parte dos socios coméntase a posibilidade de enviar as fotografías en formato dixital as familias e que cada familia imprima as que considere.

  • Aprobación de novos cargos na Directiva da ANPA.

A presidenta del ANPA Dª Cristina Santín García presentou a súa dimisión o 31 de decembro do 2025 polo que é necesario nomear novo presidente, propónse o actual secretario polo que tamén é necesario nomear un novo secretario que será un dos vogais.

A proposta queda así:

Presidente: D. JACINTO CREO SANVICENTE

Secretaria: Dª CLARA RODRIGUEZ SANCHEZ

Votos a favor: 28

Votos en contra: 0

Queda aprobado o cambio na directiva por unanimidade.

  • Exposición e aprobación das novas tarifas para actividades extraescolares.

Proponse actualizar o custo mensual de cada actividade (1h/semanal) de 10€ a 13€ para ter un remanente final de uns 3.000 €.

Votos a favor: 28

Votos en contra: 0

Polo que queda aprobada a subida de custo de todas as actividades.

Coméntase a continuación as coberturas do seguro escolar contratado pola ANPA. Tamén se expón as vantaxes de ser socios da Federación de ANPAS polo apoio legal que representa.

Recórdanse as tarifas da empresa de comedor, Jardanay, para este curso 2025/2026 que están publicadas na súa páxina web.

  • Modificación dos estatutos da asociación para adaptalos á normativa vixente.

Indícase que se solicitou unha subvención á deputación da Coruña (convocatoria FO202/2026 destinada a apoiar proxectos e actividades de carácter educativo, formativo, cultural, de conciliación e de mellora da convivencia escolar – exponse ao final da asemblea) que non será concedida debido a que os estatutos da ANPA non se axustan a lexislación vixente. O presidente reparte entre os socios unha copia dos novos estatutos modificados según a normativa actual, e realizase votación para a aprobación dos novos estatutos.

Votos a favor: 28

Votos en contra: 0

Elaborarase por parte da ANPA un regulamento de réxime interno paralelo ao NOF do centro escolar, que se unirá aos estatutos.

Seguindo a presentación de contidos, en canto a proposta de tarefas para este ano 2026, proponse fomentar a participación activa das familias – Co obxectivo de aumentar a implicación das familias na vida escolar e garantir a sustentabilidade da Asociación de Pais e Nais, propoñemos incentivar a participación activa dos membros ofrecendo vantaxes nos servizos prestados pola asociación. Deste xeito, os membros que fagan achegas, colaboracións ocasionais ou outros apoios que faciliten as actividades do alumnado poderán acceder a vantaxes nos servizos e actividades xestionadas pola ANPA.

  • Rogos e preguntas.

Un socio indica que os nenos de infantil ven a tele de continuo no horario de madrugadores e de comedor.  Comentarase coa coordinadora de Jardanay para que se organicen de forma que os nenos vexan a televisión o mínimo tempo posible.

Outro socio propón subir a cota de socio da ANPA.

Pregunta unha nai se a ANPA pode facer enquisas sobre o uso ou non da plataforma Edixgal, ao que o presidente indica que o descoñece e que consultará coa federación de ANPAs. Outra nai indica que Edixgal é un sistema elixido polos profesores e que se acaba de renovar por catro anos.

Sen mais asuntos que tratar levántase a sesión as 20.30h.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *