Actividades extraescolares
Alta Anpa
Alta actividades
Saida
Dende a ANPA, intentamos axudar as familias o máximo posible coa conciliación laboral; é por este motivo que nos esforzamos todos os anos, en presentar un amplo abanico de actividades extraescolares, dirixidas tanto a educación infantil coma primaria de luns a xoves de 16:00 a 18:00, garantindo así que o colexio estea aberto máis alá do horario lectivo de 9:00 a 14:00.
Grazas á subvención do Concello de Oleiros, dende a ANPA, podemos garantir un mínimo de actividades extraescolares, dende o primeiro ao último día de colexio, aínda non sendo viables economicamente, en moitos dos casos. Aínda así, para poder mantelas ao longo do curso, sempre pedimos un mínimo de 6 alumn@s por actividade.
En canto ao ratio por clase, temos estipulado un máximo de 12 nen@s en educativas e 20 en deportivas. No seguinte enlace podedes ver a oferta deste ano, click infantil , click primaria
TARIFAS
- Custo actividade: 10 €/mes unha hora semanal, excepto PONTE AO DÍA
- PONTE AO DÍA: 1 día/semana: 14 €, 2 días: 22 €, 3 días: 28 € e 4 días 32€.
- O mes cóbrase enteiro independentemente do día de inicio ou vacacións.
As baixas deberán comunicarse antes do día 20 de cada mes. De non ser así cobrarase o seguinte mes.
FORMA DE PAGO
As actividades abonaranse do 1 a 5 de cada mes, mediante:
- PAGO EN MAN de 16:00 a 18:00 os luns na oficina do ANPA
- INGRESO EN CONTA indicando: nome e apelidos do alumno/a, curso, actividade e mes que se abona.
ABANCA ES45 2080 0088 1330 4000 0414
INSCRICIÓN
Para poder acudir as actividades extraescolares:
- É imprescindible ser membro do ANPA, pódeste dar de alta facendo click
- Cubrir o formulario aceptando as normas dentro das actividades, pódeste dar de alta facendo click
-
Se non hai incidencias, o teu fillo xa estará inscrito nas actividades. Se hai algún problema, porémonos en contacto contigo.
-
ACTIVIDADES 2024/25
LUDOTECA: Esta actividade está pensada para os máis pequen@s xa que detectamos que moitos están moi cansados para levar o ritmo de outras actividades. Farán xogos de mesa (puzles, cartas, montables, debuxo libre…), contacontos…
RINCÓN DE ARTE E CREATIVIDADE: Potencia a psicomotricidade fina e grosa, fomentase a creatividade e transmítense hábitos de reciclaxe creando os seus propios xoguetes, combinando o mundo da pintura dende o básico ata as distintas modalidades dependendo do nivel de cada participante.
COCIÑA: Unha experiencia divertida e saudable á vez. Onde os nosos pequechefs prepararán multitude de receitas e tomarán conciencia das vantaxes dunha dieta equilibrada.
PSICOMOTRICIDADE MUSICAL: Iniciación musical no que se tratará de educalo tanto nas súas habilidades motrices rítmicas como auditivas, e na coordinación dos movementos do corpo.
PATINAXE: Un deporte que axuda a desenvolver o equilibrio e a harmonía corporal, a través de movementos e exercicios en diferentes estilos, con velocidade e hóckey.
XOGOS DEPORTIVOS: Práctica do deporte de maneira lúdica, transmitindo valores de equipo e integración.
ENGLISH PLAY: Ten como finalidade o desenvolvemento en inglés a través de xogos e actividades orais. Grupos de máximo 12 alumn@s
BAILE: Abarca distintos estilos: Hip-Hop, Locking, Popping, House dance, Break Dance…Sendo unha danza en evolución, influenciada por moitos outros estilos. Carcterízase pola orixinalidade, libertade de movimentos, expresividade, etc. Traballa de manera moi notoria o control da musculatura corporal. É unha forma idónea de tonificar tanto para nenos coma para nenas, ademáis de mellorar a expresión corporal e o sentido do rimo.
COCIÑA: Unha experiencia divertida e saudable á vez. Onde os nosos chefs prepararán multitude de receitas e tomarán conciencia das vantaxes dunha dieta equilibrada.
BAILE: Aprenderán a expresarse por medio do baile moderno, con distintas coreografías de diferentes estilos musicais.
MÚSICA: Actividade pensada para disfrutar da música, aprender xogando con ela. Tomarase un primeiro contacto co instrumento: guitarra, flauta, xilófono, batería… salpicado con teoría musical para poder executar pezas sinxelas e compostas por eles..
PATINAXE: Un deporte que axuda a desenvolver o equilibrio e a harmonía corporal, a través de movementos e exercicios en diferentes estilos con coreografías (artístico), con velocidade e hóckey.
ENGLISH 1º e 2º: ten como finalidade o desenvolvemento en inglés a través de xogos e actividades orais. Nesta actividade é recomendable asistir as dúas sesións semanais. Grupos de máximo 12 alumn@s
FUTBITO: Un deporte onde o nen@ aprenderá a traballar en equipo e onde establecerá relacións de cooperación para acadar obxetivos comúns.
TAEKWONDO: iniciarse nesta disciplina deportiva, adquirindo habilidades básicas da disciplina. Manterase dous días á semana, luns e mércores de 17:00 a 18:00.
TEATRO: iniciación na expresión teatral, desenrolo da súa imaxinación, aumentar a súa sensibilidade e empatía cos compañeiros, farán obras teatrais ao longo do curso.
PINTURA: iniciar os nenos e nenas no mundo da pintura dende o básico ata as distintas modalidades dependendo do nivel de cada participante.
¡PONTE AO DÍA!: unha axuda conciliadora para o reforzo das tarefas impartidas por un profes@r titulad@. Para que os nenos poidan ampliar a suas capacidades na compresión lectora, esquemas mentales, técnicas de estudio (regras nemotecnicas…), matematicas de maneira mais sinxela e divertida… e así que facilitan ao chegar a casa par, sea mais doado a preparacion o seguinte exame ou simplemente reforzando ese tema que máis lles custa.
BALONCESTO: Deporte de equipo onde se establecerán relacións de cooperación para acadar obxetivos común.
RINCÓN DE ARTE Englobaremos traballos con barro, en papel, máscaras venecianas, un sinfín de manualidades nas que @s nen@s poderán dar marxe a súa creatividade.